Axuda do LibreOffice 7.3
Abre un ficheiro local ou remoto ou importa un.
O LibreOffice emprega a caixa de diálogo para escoller ficheiros nativa do xestor de xanelas do sistema operativo da orde .
Se o ficheiro que desexa abrir contén estilos, aplícanse regras especiais.
Mostra os ficheiros e cartafoles do cartafol no que se está. Para abrir un ficheiro, seleccione o ficheiro e prema en Abrir.
Para abrir máis de un documento ao mesmo tempo, cada un na súa propia xanela, manteña premido mentres preme nos ficheiros e, a seguir, prema en Abrir.
Os diálogos dos ficheiros de ficheiros modernos presentan moitas funcionalidades para manipular os ficheiros. A maioría permite renomear, eliminar e crear ficheiros, ordenar listas de ficheiros, mostrar ficheiros e cartafoles en vista de iconas, árbore ou lista, navegar pola árbore de cartafoles do sistema de ficheiros e moito máis. Empregue o botón dereito do rato para obter unha lista de ordes sobre os ficheiros seleccionados na área de visualización.
Introduza un nome de ficheiro ou unha ruta até o ficheiro.
No diálogo están dispoñíbeis as funcionalidades seguintes:
Se hai varias versións do ficheiro seleccionado, seleccione a versión que desexe abrir. Pode gardar e organizar varias versións dun documento escollendo Ficheiro - Versións. As versións dun documento ábrense en modo que só permite a lectura.
Seleccione o tipo que desexe abrir ou seleccione Todos os ficheiros (*) para mostrar unha lista de todos os ficheiros do cartafol.
Abre o(s) documento(s) seleccionado(s).
Se abriu a caixa de diálogo escollendo Inserir - Documento, o botón Abrir aparece identificado como Inserir.Insire o ficheiro seleccionado no documento actual na posición do cursor.
Abre o ficheiro en modo que só permite a lectura.
Ao abrir un documento creado cun modelo pegañento o LibreOffice comproba se o modelo foi modificando desde a última vez que se abriu o documento. Se o modelo foi cambiado, mostra unha caixa de diálogo na que se pode seleccionar que estilos se aplican ao documento.
Para aplicar os novos estilos do modelo ao documento prema en .
Para reter os estilos en uso no documento prema en .
O LibreOffice recoñece modelos situados en calquera dos directorios indicados para os Modelos en .
Se un documento foi creado utilizando un modelo que non é posíbel atopar, aparece unha caixa de diálogo que pregunta como proceder a próxima vez que se abra o documento.
Para quebrar a ligazón entre o documento e o modelo ausente prema en ; caso contrario, LibreOffice busca o modelo a seguinte vez que se abra o documento.
Ao empregar e seleccionar un filtro de modelo para gravar un modelo nun directorio dos que non están indicados na ruta de Modelos, os documentos baseados nese modelo non se comproban.